As instalacións do Centro Comercial Area Central acollerán unha semana de fútbol sala para nenos e adultos
A apertura do torneo terá lugar o sábado 3 de Setembro cunha exhibición dos xogadores do Santiago Futsal ás 12.30h
A participación nos torneos é de balde mentres que a inscrición no campus terá un prezo de 50€ xeral e 45€ para xogadores do club


Santiago Futsal e Area Central promoven a celebración do primeiro campus e torneo ‘Área Futsal’ que se celebrará nas instalacións do Centro Comercial santiagués  durante a semana do 3 ao 10 de Setembro. A mellor maneira de practicar deporte e divertirse coa familia e amigos no tramo final das vacacións.

O Campus ‘Área Futsal’ comezará o luns día 5 e finalizará o venres día 9, en horario de 10h a 14h, e no que poderán participar todos aqueles rapaces e rapazas de entre 3 e 11 anos. Un  total de cinco días de adestramentos e actividades dirixidas polos monitores do Santiago Futsal. A inscrición no Campus terá un custo de 50€ xeral e 45€ para os xogadores das escolas base do Santiago Futsal. Todos aqueles interesados poderán anotarse nas oficinas do Santiago Futsal e no número de teléfono 981 11 50 38 (10h-14h).

O torneo ‘Área Futsal’, un dobre torneo de fútbol sala 3x3 dirixido a nenos e adultos, celebrarase en horario de tarde. As categorías infantís que poderán participar serán: Prebenxamín de 1er e 2º ano e Alevín de 1er e 2º ano; quenes xogará de luns a venres en horario de 16.30h a 19.30h. En categoría adulto haberá un único grupo que disputará os seus partidos entre as 19.30h e as 21.30h. O sistema de participación será organizado en liguiñas con eliminatorias, cuxas finais se disputarán o sábado día 10 de Setembro (en horario de mañá, aínda por confirmar). 

Ademais, como inauguración do torneo, o sábado día 3 ás 12.30h da mañá, asistirán os xogadores do primeiro equipo do Santiago Futsal a realizar unha exhibición ante os asistentes á apertura do ‘Área Futsal’. 

A inscrición e participación no torneo será totalmente de balde e o prazo para anotarse finalizará o xoves 1 de Setembro. As inscricións poderán realizarse nas oficinas do Santiago Futsal, así como tamén poderá descargarse a inscripción na web do club www.santiagofutsal.com  e enviarse correctamente cumprimentado á dirección de correo administracion@santiagofutsal.com .

Inscripción nenos

Inscripción adultos