• O torneo de fútbol sala base se traslada os próximos días 14 e 15 de Maio no recinto Ferial de Amio
  • Máis de 4000 m² de diversión asegurada con 4 pistas de fútbol sala, inchables e xogos, todo iso de maneira gratuíta
  • As inscricións tramitaranse nas oficinas do Santiago Futsal ata o luns 9 de Maio

  • Sábado 14 categorías Pre-Benxamín e Benxamín
    Domingo 15 categoría Alevín


Por terceiro ano consecutivo, o Santiago Futsal organiza o mellor torneo de fútbol sala base da capital galega. A ‘Cidade do Futsal’ trasládase o recinto Ferial de Amio os días 14 e 15 de Maio grazas ao patrocinio de VIAQUA e a colaboración do Concello de Santiago.

Un total de 4 pistas de fútbol sala, así como diversas zonas de xogos con inchables, pistas de voleiboll, actividades formativas Viaqua e zonas de lecer familiar, conforman os máis de 4000 m² dos que se compón esta 3ª Edición da Cidade do Futsal.

 

Descarga as normas do torneo e a inscripción (editable en pdf)