Primeira xornada de convivencia de Seleccións Comarcais Sub-16 en Ferrol
Ampla representación do Santiago Futsal na selección santiaguesa
A Selección de Ferrol proclamouse vencedera do Torneo



O Pavillón Municipal da Gándara (Ferrol) acolleu a primeira xornada de convivencia de Seleccións Comarcais Sub-16 na temporada 2017-2018. Un torneo de fútbol sala de base que citou a xogadores de toda a comunidade galega para vivir unha grata experiencia coincidindo coa festividade de Todos os Santos.

A Selección de Santiago de Compostela, composta por varios integrantes do Santiago Futsal; os técnicos Samuel Tojo e Yago Balsa, e os xogadores Alán Álvarez, Carlos García, Luís López, Pablo Manso, Jesús Espiña e Yago Vizoso, mediuse ás seleccións de Lugo, A Coruña e Ferrol. O conxunto santiagués competíu dignamente, sendo a deportividade a tónica que marcou os tres encontros.

Finalmente, a Selección de Ferrol resultou vencedora do Torneo Comarcal nunha xornada festiva de convivencia entre delegacións.