O á lucense renovou o seu contrato co Santiago Futsal por unha temporada máis
Álex cumprirá a súa terceira temporada na entidade compostelá á que chegou no verán do 2015 procedente de Prone Lugo


O Santiago Futsal continúa conformando o plantel para a vindeira temporada e renovou a un dos xogadores ‘da terra’ da escuadra que dirixe Santi Valladares. Alejandro Diz Teijeiro ‘Álex Diz’ e o Santiago Futsal chegaron a un acordo para ampliar o contrato do á lucense por unha temporada máis e defender a camiseta branca ata o 2018. 

O xogador lucense, que recentemente cumpríu os 22 anos, asinará a terceira temporada no conxunto santiagués tras amosar, nas dúas anteriores, o seu compromiso coa entidade compostelá, e a súa determinación e calidade sobre a pista de xogo. Álex Diz chegou ao Santiago Futsal no verán do 2015, xunto ao seu irmán maior Antonio Diz, ambos procedentes de Prone Lugo. Álex, que xa sabía o que era xogar en Primeira División, fíxose un oco no panorama do fútbol sala nacional e, a pesar da súa mocidade, xa é todo un referente.

Coa de Álex, e tras as de Juanjo Catela e Víctor López; xa son tres as continuidades que o club fixo oficiais para a temporada 17-18.