O xogador lucense renova a súa vinculación co Santiago Futsal e seguirá vestindo a camiseta branca a próxima temporada
Antonio Diz cumprirá a súa terceira temporada na entidade compostelá á que chegou en 2015 xunto ao seu irmán Álex Diz



O Santiago Futsal segue co proceso de conformar a súa plantilla para a próxima temporada; no que será un curso histórico para o conxunto santiagués na máxima división do fútbol sala do noso país; a súa décimo quinta temporada consecutiva en Primeira División. Ás xa coñecidas renovacións de Juanjo Catela, Víctor López, Armando, Alejandro Velasco e Álex Diz, súmase a de Antonio Diz; irmán deste último, e que continuará ás ordes de Santi Valladares unha temporada máis. O pivote de Lugo, de 24 anos, cumprirá a súa terceira tempada no Santiago Futsal.


Antonio Diz Teijeiro (16/07/1992) chegou ao Santiago Futsal no verán do 2015 procedente de Prone Lugo. Tras formarse nas Escolas de Azkar Lugo e debutar en Primeira na tempada 09/10 con apenas 18 anos, Antonio converteuse nun dos xogadores "Dá Terra” máis aclamados polos afeccionados do fútbol sala. Coa súa chegada ao club santiagués, o maior dos irmáns Diz logrou desmarcarse como un pivote con gran capacidade goleadora ao anotar 17 tantos en cada unha das dúas temporadas que completou coa camiseta do Santiago Futsal.


Tras a súa renovación Antonio séntese feliz por seguir en Santiago un ano máis e destaca "espero que sexa un gran ano para todos, cumprindo os obxectivos que nos marquemos”.


Coa de Antonio Diz, o club branco segue engrosando a lista de renovacións e incorporacións para a próxima temporada 17/18.