O xogador talaverán amplía a súa vinculación co club santiagués por unha temporada máis
Armando vestirá a camiseta branca por segunda temporada consecutiva


O Santiago Futsal e Armando García chegaron a un acordo para ampliar a súa vinculación por unha temporada máis. O xogador talaverán, que chegou cedido de Movistar Inter o pasado curso, seguirá vestindo a camiseta do Santiago Futsal durante a temporada 17-18. Armando convértese desta maneira na cuarta renovación do plantel que dirixe Santi Valladares para o vindeiro curso.

O á de 22 anos asinou a súa primeira temporada no Santiago Futsal cunha magnífica actuación. Armando foi clave nas remontadas santiaguesas ante Levante UDDM (2-2), Jaén Paraíso Interior (3-3) ou Peñíscola RehabMedic (7-7) ao anotar, en todos eles, o gol do empate no minuto 40. O de Talavera amosou un gran rendemento durante toda a temporada e converteuse nun dos xogadores máis aclamados polos seguidores brancos. 

Armando únese á lista dos xogadores renovados da escuadra branca e formará parte do Santiago Futsal para o curso 2017-2018.