Santi Valladares, Mon Barreiro e Hugo Sánchez entregaron diplomas aos participantes
O acto de clausura supuxo broche de ouro a catro xornadas de fútbol sala para os máis pequenos


Fin a catro xornadas de actividades dirixidas polo Santiago  Futsal e, que un ano máis, encheron de fútbol sala as mañás destas vacacións de Nadal de 40 nenos de idades entre os 4 e os 13 anos. Os participantes gozaron de diversas actividades e adestramentos de fútbol sala, así como sesións tácticas de vídeo e traballo específico de porteiros. Todo iso baixo a dirección dos monitores do Santiago  Futsal.

Este mediodía tivo lugar o acto de clausura do Campus de Nadal e entrega de diplomas aos participantes. Santi Valladares, adestrador do primeiro equipo; Mon Barreiro, segundo adestrador e coordinador das categorías base e Hugo Sánchez, capitán do primeiro equipo, foron os encargados de entregar os títulos acreditativos a todos os xogadores participantes. Con iso púxose punto final á última xornada do Campus de Nadal que cumpre a súa undécima edición.