O Santiago Futsal lanza unha promoción en colaboraciónco patrocinador da base Domino’s Pizza 
Prezo reducido na entrada para todos os universitarios de Galicia
O vindeiro martes 16 de Xaneiro reciben a Palma  Futsal na última xornada antes do parón de Liga (20.45 h, Fontes do Sar)


O Santiago  Futsal despedirase da súa afección, temporalmente, o vindeiro martes. O parón de Liga debido á celebración da Eurocopa as últimas semanas de Xaneiro e primeiras de Febreiro, obriga á competición doméstica a deterse durante cinco semanas e dar así un descanso aos equipos da Liga Nacional de Fútbol Sala. O conxunto da capital galega entoará o "ata logo” vestíndose de local no partido que lle enfrontará o vindeiro martes día 16 ante Palma Futsal ás 20.45 h no Multiusos Fontes  do Sar.

Para ese encontro o Santiago  Futsal lanza unha dobre promoción para que todos os interesados en asistir ao encontro poidan facelo ao mellor prezo, ou mesmo de balde. A entidade branca denomina o encontro ante o conxunto insular como o partido do "Universitario” e reduce a entrada para a devandita categoría a 5€. Todas as persoas que presenten o carné de calquera universidade de Galicia obterán o desconto no prezo da entrada, tanto en venda anticipada nas oficinas do club como no despacho de billetes do pavillón o propio día do partido.

Ademais, un dos patrocinadores da base do Santiago  Futsal; Domino’s Pizza regalará entradas a todas as persoas que consuman en calquera dos dous locais da cadea situados en Romero Donallo e na Avenida de Lugo, ou recollan un pedido, entre os días 11 e o propio día do partido.
Santiago  Futsal e Domino’s Pizza póñencho fácil para vivir o fútbol sala de nivel en estado puro.

Noutra orde de cousas, o plantel que dirixe Santi Valladares segue preparando o encontro a domicilio deste sábado ante  Aspil Vidal Ribeira Navarra (18,30 h). A expedición partirá cara a terras  navarras o venres pola mañá, tras concluír o adestramento matinal e asistir á rolda de prensa previa ao encontro.