•  Os grupos de psicomotricidade e Alevín Álex Diz participaron no Torneo de Nadal de Noia o pasado sábado 
•  Esta semana celébrase o Torneo de Nadal Lugo Sala no que xogan os equipos infantil e cadete de categoría autonómica 


O fútbol sala non descansou nin un minuto neste período de vacacións de Nadal. Os equipos da base branca do Santiago Futsal foron protagonistas de varios partidos nestes días de parón da competición oficial. 

Os equipos de psicomotricidade e alevín Álex Diz participaron no X Torneo de Nadal organizado polo Noia Portus Apostoli FS o pasado sábado 27 de Decembro. Pequenos e maiores gozaron dunha xornada de fútbol sala base na comarca do Barbanza. 

Ademais, o Torneo de Nadal organizado polo conxunto lucense Lugo Sala, que se está disputando esta mesma semana, conta coa participación dos equipos infantil e cadete autonómico do Santiago Futsal. Os equipos da base branca mediranse a canteiras como as de O Parrulo Ferrol, Salamanca FS, Moprisa Toledo, Lugo Salga ou UD Boadilla. 

Experiencias gratificantes que serven para que os pequenos aprendan xogando e divertíndose.