Álex Diz analiza as sensacións do plantel branco na semana na que reciben a Movistar Inter
O club espera a mellor entrada da temporada no Multiusos Fontes do Sar


O Santiago Futsal retomará este venres a competición regular tras o parón pola Copa de España recibindo ao vixente campión do Torneo do KO. Movistar Inter será o rival dos galegos no encontro da 24ª xornada de Liga, nun partido no que os brancos buscan romper o refacho negativo ante os madrileños no feudo branco cunha vitoria que os afiance na tranquila novena praza.

O ‘20’ da escuadra branca, Álex Diz quixo explicar a relevancia deste partido, ao que seguirán outros seis contra rivais da zona de play off (Movistar Inter, Catgas Enerxía, Magna Gurpea, FC Barcelona Lassa, Xaén P.Interior e Peñíscola RehabMedic) "Todos os partidos de aquí a final de temporada son moi importantes para nós, xa que esta Liga é moi igualada. Debemos puntuar canto antes para afastarnos máis dos postos de perigo”.

Álex foi rotundo en canto ao seu rival do venres "un dos mellores equipos do mundo, que conta con grandísimo xogadores” polo que, o lucense sabe que terán que dar o mellor de si mesmos "Debemos de estar ao 100% de concentración e motivación para sacar ao positivo deste partido”.

Antes do parón pola celebración da Copa de España, o conxunto que dirixe Santi Valladares logrou o pase á final da Copa Xunta de Galicia tras superar ao Noia FS por 2-4. O pequeno dos irmáns Diz falou da final do Trofeo Autonómico no que se medirán a Pescados Rubén Burela FS "É unha final e un dos partidos máis importantes do que queda de temporda. A clave deste partido é ser nós mesmos, coa nosa identidade. Se é así, temos moitas posibilidades de gañar”.

Outra información

As oficinas do Santiago Futsal estarán abertas en horario de mañá e tarde (10h-14h/16h-20h) ata o venres. O venres únicamente abrirán pola mañá. Pola tarde as entradas estarán á venda na taquilla do Multiusos a partir das 19.30h.

O encontro Santiago Futsal vs Movistar Inter será ‘Día do club’ polo que, tanto abonados como non abonados, terán que retirar a entrada previamente para acceder ao partido. O prezo das entradas para abonados maiores de idade será de 5€, mentres que os abonados menores de idade accederán gratuitamente. Os prezos para non abonados serán: 15€ adulto, 5€ xuvenil (14-17 anos) e 2€ infantil (menores de 14 anos).