Santiago  Futsal organiza o seu campus de Nadal os días 26, 27, 28 e 29 de Decembro
Campus dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre 4 e 14 anos
Horario de mañá de 9 h a 14 h


O Campus de Nadal do Santiago  Futsal previsto para os días 26, 27, 28 e 29 de Decembro xa ten pavillón e horario de celebración. Será o pavillón de Pontepedriña o que albergue as diferentes actividades que o club santiagués ten preparado para que os nenos e nenas de Santiago de Compostela poidan gozar dunhas vacacións diferentes; cargadas de deporte, diversión e compañeirismo. O horario do Campus será de mañá entre as 9 h e as 14 h.

O club santiagués, recoñecido polo súa labor en formación de categorías base, organiza o Campus de Nadal para nenos e nenas de entre 4 e 14 anos. Durante catro días, os participantes poderán practicar técnicas e métodos de adestramento de fútbol sala e perfeccionar as súas habilidades  motrices; todo iso baixo a dirección dos monitores do club branco.

O prezo do Campus será de 70€ para todos os nenos e nenas que non pertenzan ao Santiago  Futsal, e de 50€ para xogadores do club. Así mesmo, no caso de anotarse dous ou máis irmáns, realizarase un desconto do 50% na inscrición do segundo.

A inscrición pode realizarse nas oficinas do Santiago  Futsal en horario de 10 h-14 h, no número de teléfono 981 11 50 38 ou o 699 62 55 48 ou enviando un correo electrónico á dirección administracion@santiagofutsal.com . O prazo de inscrición remata o día 21 de Decembro.