O evento celebrouse esta mañá na Facultade de Ciencias Económicas de Santiago de Compostela 
Unha xornada matinal con diversos talleres e unha master class sobre innovación e emprendemento


Esta mañá tivo lugar a II Edición da Aqua Talent Hub en Santiago de Compostela, e alí estiveron presentes xogadores e corpo técnico do primeiro plantel do Santiago Futsal. Como na cita anterior, celebrada o pasado mes de Maio, os membros da entidade branca participaron nunha xornada de encontro  entre persoas con intereses sobre a innovación e o emprendemento. 

Un evento que organiza a Fundación Aquae, unha plataforma que promove o desenvolvemento social, económico e ambiental sustentable; e que apoia o talento emprendedor, a investigación e a innovación no sector da sustentabilidade.