O primeiro plantel e o corpo técnico Santiago Futsal desprazáronse ás instalacións da Merced  para xogar un partido de fútbol 7
Os xogadores do primeiro equipo converteranse en adestradores no torneo da Cidade do Futsal


A escuadra branca segue inmerso nas actividades de final de temporada que están a realizar durante este mes de Maio. Na mañá de hoxe desprazáronse ás instalacións da Merced para disputar un partido de fútbol 7 entre xogadores e corpo técnico do conxunto santiagués. O plantel terá descanso no día de mañá, e o venres pola mañá asistirán ao acto Aquae TalentHub organizado por Viaqua.

Noutra orde de cousas, con motivo da celebración do Torneo de fútbol sala Base ‘A Cidade do Futsal’, os xogadores do primeiro equipo do Santiago Futsal converteranse en técnicos dos diferentes equipos do club inscritos na competición. Desta maneira Diego, Armando, Santi, Ismael e Chema serán os técnicos dos cinco equipos prebenxamíns; Álex Velasco, David Palmas, Víctor López, Pablo Tallón, Antonio Diz e Álex Diz dirixirán os conxuntos benxamíns; e Dani Montes, Catela, Santi e Álex Velasco serán adestradores dos alevíns.