O clube pedirá este venres o apoio á campaña de micromecenado posta en marcha por Oncomet a prol da investigación oncolóxica


A campaña terá a súa visualización no partido do Futsal contra o Movistar Inter a través dos voluntarios, de carteis e das mensaxes que se difundirán por megafonía lembrando as distintas formas de colaborar con este proxecto en prol da investigación oncolóxica


Trátase dunha das moitas iniciativas que se están a desenvolver en apoio á campaña que xa conta con case 6.000 doantes e máis de 250.000 euros 


As doazóns, que contan con importantes vantaxes fiscais, pódense realizar a través da propia plataforma de micromecenado, www.oncomet.es, chamando ao 981 955 344, enviando SMS ou ben a través dun ingreso na conta corrente ES68 2080 0300 8730 4556 7736


Os xogadores Santiago Futsal amosarán este venres no partido contra o Movistar Inter o seu apoio á campaña de micromecenado para o estudo da biopsia líquida posta en marcha por Oncomet. A campaña terá a súa visualización no partido a través de voluntarios, carteis e das mensaxes que se difundirán por megafonía lembrando as distintas formas de colaborar coa campaña en prol da investigación oncolóxica.

Trátase dunha das moitas iniciativas se están a desenvolver en apoio á campaña que xa conta con case 6.000 doantes e máis de 250.000 euros. 
O Santiago Futsal informará na súa páxina web e redes sociais da campaña de biopsia líquida. Tamén os xogadores do clube amosarán o seu apoio á campaña a través das redes sociais e será sorteada una camiseta asinada por todos eles  entre todos os doantes na campaña de micromecenado de Biopsia Liquida ao seu peche.

As doazóns, que contan con importantes vantaxes fiscais, pódense realizar a través da propia plataforma de micromecenado, www.oncomet.es, chamando ao 981 955 344, enviando SMS ou ben a través dun ingreso  na conta corrente ES68 2080 0300 8730 4556 7736