O partido está patrocinado pola compañía móbil Tuenti 
Entradas moi accesibles a prezos de 5€ e 1€
Oportunidade de ouro para vivir o fútbol sala de nivel en directo por última vez na presente temporada


O Santiago Futsal botará o pano á temporada ante a súa afección este venres no feudo do conxunto branco. Por última vez neste curso, poderemos ver aos xogadores santiagueses saír polo túnel de vestiarios a ritmo de ‘Miña Terra Galega’, ovacionar e aplaudir cada xogada de destreza e habilidade dos nosos, ou celebrar goles que aseguren a permanencia. A 29ª xornada da Liga Nacional de Fútbol Sala que enfrontará a Santiago Futsal e a Peñíscola RehabMedic, celebrarase o venres 21 ás 20,45h no Fontes do Sar.

Nesta cita tan especial non podía faltar un dos patrocinadores estrela do conxunto santiagués: a compañía móbil Tuenti. Esta será a última oportunidade para ver o espectáculo do fútbol sala de elite en directo este curso, e Tuenti quérecho poñer fácil. Grazas ao patrocinio da compañía no partido entre Santiago Futsal e Peñíscola RehabMedic, as entradas terán prezos ‘descaradamente’ baixos e alcanzables, sendo de 5€ a entrada de adulto e de 1€ a de menores de 18 anos. Os abonados acceden de  balde co seu carné.

Os de Santi Valladares xóganse moito máis que tres puntos. A vitoria aseguraríalles de maneira matemática a permanencia en Primeira, sen ter que agardar á última xornada de Liga. Por iso, o apoio da afección presúmese vital para lograr o obxectivo, que queren compartir con todos os asistentes ao encontro. Non faltes á cita.

Entradas á venda nas oficinas do Santiago Futsal de luns a venres en horario de 10h a 14h. O día do encontro as entradas venderanse no despacho de billetes desde as 19.30h. Máis información no número de teléfono 981 11 50 38.