Primeiro plantel e corpo técnico realizaron unha visita guiada polas modernas instalacións de Grupo El Correo Galego


O primeiro plantel do Santiago Futsal, xunto ao corpo técnico e ao presidente do club, Ramón García, visitaron na tarde de onte as novas instalacións de Grupo El Correo Gallego situadas no Polígono Industrial de Costa Vella.

Unha visita que durou aproximadamente hora e media, e na que a expedición santiaguesa puido observar os métodos de produción do xornal e as rutinas produtivas propias do medio.

O club realizou dita visita como mostra de agradecemento ao medio santiagués, pola súa labor comunicativa na divulgación do noso deporte e o seu apoio ao equipo branco.