O xogador do equipo cadete do Santiago  Futsal foi convocado coa selección autonómica para disputar a fase previa do Campionato Nacional de Seleccións Autonómica  Sub-16 de Fútbol Sala.

O xogador do Santiago  Futsal Alán Álvarez, foi convocado coa Selección de Galicia  Sub-16 con motivo da participación da Selección na fase previa do Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas  Sub-16 que se disputará en Murcia esta fin de semana 16 e 17 de Decembro. A selección de Galicia enfrontarase ás seleccións da Rexión de Murcia, Madrid e Ceuta