Os xogadores do filial santiagués dispuxeron de minutos no encontro de Copa do Rei disputado onte en Burela


Para Santiago Futsal o encontro disputado onte pola noite no Municipal de Vista Alegre (Burela) ante Pescados Rubén Burela FS tivo varios motivos de celebración. Ademais da vitoria, que deu o pase aos oitavos de final da Copa de SM O Rei á entidade branca; onte debutaron en competición oficial dous mozos da canteira santiaguesa: Brian Niebla Méndez e Miguel Salgado Pérez, ambos os xogadores do equipo filial Santiago Futsal B.

Brian Niebla (11/10/1999) e Miguel Salgado (21/03/2000), asiduos nas convocatorias da Selección de Galicia Sub-19, dispuxeron de minutos ante o conxunto galego da Segunda División Pescados Rubén Burela FS, como premio ao esforzo e ao traballo constante. O debut de Brian e Miguel supón un paso máis na progresión dos dous xogadores da canteira branca.