Estreará o ano como local no encontro do vindeiro venres día 5 ante Gran Canaria FS (20.45 h, Fontes do Sar) 
Acceso de balde para menores de idade e a entrada de Adulto ten un prezo de 5€ 


Ante a proximidade da visita das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, o Santiago Futsal non deixou pasar a oportunidade de poñerse en contacto con eles mediante unha carta para pedirlles unha cousa moi importante para o equipo santiagués. 

E é que o conxunto branco estreará o vindeiro ano 2018 como local ante Gran Canaria FS o vindeiro venres 5 de Xaneiro (20.45 h, Fontes do Sar) coincidindo coa visita das súas Maxestades a Santiago de Compostela. Por iso, a entidade branca pedíu aos Reis Magos que todos os nenos e nenas santiagueses poidan asistir ao encontro tras finalizar a cabalgata de Reis e fixaron a entrada gratuíta para todos os menores de idade. Ademais, a entrada para os adultos terá un redución do 50% e custará 5€. 

Un dos partidos máis importantes para o conxunto santiagués nesta segunda volta, ante un rival directo na loita pola permanencia, e no que queren contar co apoio de todos os nenos e nenas santiagueses nunha das noites máis ilusionantes de todo o ano.