O conxunto murciano remodelou o seu equipo con oito incorporacións conforme á temporada pasada
Os de Santiago encadean tres partidos consecutivos con boas sensacións que quere prolongar no seu encontro do sábado
Santi Valladares "Nós imos a cada partido para conseguir os tres puntos porque a situación que temos non era a que queríamos”


A expedición do Santiago Futsal xa se prepara para un das viaxes máis longas da temporada. Esta noite subirán ao autobús, cruzarán a xeografía española e chegarán de mañá a terras murcianas para enfrontarse o sábado a Plásticos Romero Cartaxena (Wssell de Guimbarda, 18h). O plantel branco visita a un rival en refacho positivo: chega á 11ª xornada  tras asinar dúas vitorias consecutivas e situarse na 9ª posición da táboa con 12 puntos, aínda que quedou apeado da Copa de SM O Rei ante Ríos Renovables Zaragoza (8-3) este martes. Os de Santiago, coa mentalidade positiva despois de tres boas xornadas; unha vitoria ante Parrulo Ferrol FS (6-4), remontada in-extremis ante ElPozo quedándose ás portas do empate (5-4) e un empate ante Ríos Renovables Zaragoza (5-5), visitan unha pista onde a temporada pasada, na última xornada de Liga, asinaron táboas (2-2) e que permitíu aos cartaxineses quedar en Primeira División.

Esta mañá en rolda de prensa previa ao encontro o técnico Santi Valladares falou do cambio de Plásticos Romero Cartaxena respecto da temporada pasada, un conxunto que bailou co descenso ata a última xornada de Liga "Incorporaron a oito xogadores, todos eles de moita calidade. Reforzaron moito o plantel este ano e fixérono coa intención de poder alcanzar obxectivos maiores”.  Pero o plantel santiagués visitará o sábado o Wssell de Guimbarda "coa dinámica de dúas boas semanas de adestramento e a mentalidade de conseguir tres puntos que nos saquen dunha situación que non era a que queríamos nestes momentos”.

O míster reafirmou  as intencións brancas de ir a por cada partido sexa cal for o rival que teñan enfronte "Temos que facer o que sabemos facer e competir os partidos os 40 minutos. Xogar con alta intensidade e moita concentración para non deixar escapar ningún punto”.

O xogador gaditano Ezequiel Montero ‘Zequi’, incorporación do conxunto santiagués no período estival, acompañou ao míster na rolda de prensa desta mañá. Zequi falou da ‘oportunidade’ que o corpo técnico e o club brindáronlle cando, despois dunhas semanas de proba, confirmáronlle que formaría parte do equipo: "Gozar da Liga Nacional de Fútbol Sala é unha oportunidade que afrontei con moita ilusión. Eu achego o que teño e sei facer, con traballo diario e ganas. A experiencia estanma dando eles (corpo técnico e compañeiros)”.

En canto ao encontro deste sábado e a relevancia dos puntos en xogo, o xogador de 23 anos, amosouse firme "Somos conscientes do que podemos dar e imos a Cartaxena a polos tres puntos. Quizais se tiveramos gañado ante Zaragoza viaxaríamos con outra moral, pero a situación é a que é e temos que gañar sexa como sexa”.

Na súa única visita a domicilio ante Plásticos Romero Cartaxena, o equipo branco  cultivou un empate 2-2, o da temporada pasada 2016-2017.

O conxunto que dirixe Santi Valladares viaxará a Murcia coas baixas de Gonzalo e Isma, á que se suma a de David Palmas, que arrastras molestias aductor da súa perna dereita.

Outra información
O encontro entre Plásticos Romero Cartaxena e Santiago Futsal correspondente á 11ª xornada de LNFS, que se disputará o sábado ás 18h no Wssel de Guimbarda, poderase seguir a través de Effesista APP. Toda a información na conta de twitter oficial do medio cartaxinés Cartagonia Futsal.