A quinta xornada da LNFS enfronta ao Santiago Futsal e a Palma Futsal o venres ás 20.30h en Son Moix
Os de Santi Valladares chegan ao encontro coa moral alta tras o pase a oitavos da Copa de SM O Rei
Santi Valladares "Palma Futsal é un rival que nos vai a esixir, pero isto é fútbol sala e nunca se sabe”


O Santiago Futsal pasou a páxina que tocaba dos dezaseisavos da Copa de SM O Rei para centrarse no encontro de Liga que os cita mañá ante Palma Futsal (20.30h, Son Moix). Tras o empate cultivado a pasada xornada ante Aspil Vidal Ribeira Navarra (2-2), os de Santiago visitan a un duro rival "que nos vai a esixir; pero isto é fútbol sala e nunca se sabe” comentou Santi Valladares en rolda de prensa.

O conxunto branco asinou, este martes, o pase aos oitavos da Copa de SM O Rei ao vencer a Pescados Rubén Burela FS 2-4 para agora subirse a un avión e facer fronte ao encontro de Liga en casa de Palma Futsal. Valladares manifestou a súa alegría pola vitoria do martes en rolda de prensa "Contra Aspil estivemos ben e onte fomos capaces de referendar o bo xogo cunha vitoria”. O míster santiagués falou tamén dos detalles que o equipo ten que puír "temos que ser sólidos e disciplinados en defensa” ao que engadíu que ao equipo "cústalle manter a posesión do balón cando temos o marcador ao noso favor”; tarefas que o plantel quere corrixir nos encontros vindeiros: Palma Futsal, Lume Corbatas, Catgas Enerxía, etc.

De Palma Futsal, un equipo que chega á quinta xornada de Liga situado na sexta posición e tras gañarlle a Peñíscola RehabMedic na pasada xornada, Valladares comentou "Ten plantel dabondo para estar arriba e pelexar pola terceira posición. Xa tiñan moi bo equipo o curso pasado e as fichaxes que fixeron reforzáronlles. Ademais, a nivel social creceron enormemente”. 

Os resultados precedentes entre Palma Futsal e Santiago Futsal en Son Moix non son favorables para a entidade santiaguesa: dúas vitorias (1-5 na 10/11 e 1-2 na 11/12), dous empates (2-2 no curso 12/13 e 1-1 13/14) e tres derrotas (8-6 na 08/09, 5-0 na 14/15 e 8-3 no pasado curso 15/16). Unha vitoria santiaguesa supoñería cortar un refacho de cinco anos sen gañar a domicilio en terreo mallorquín.

A convocatoria oficial do Santiago Futsal coñecerase tras concluír o último adestramento antes de partir cara a Palma de Mallorca que terá lugar esta tarde.