Mon Barreiro, David Rial e Álvaro Quintana compoñen o corpo técnico do combinado autonómico
Na lista dos xogadores convocados figuran os xuvenís do Santiago  Futsal  Brian Niebla, Miguel Salgado e Alberto Neira
A Selección  Sub-19 participa esta fin de semana na Fase Previa do Campionato de España en Cuenca


O combinado autonómico Sub-19 de fútbol sala que dirixe Mon Barreiro, segundo adestrador do Santiago  Futsal e coordinador da base santiaguesa; xa se prepara para disputar a Fase Previa do Campionato de España que se celebrará esta fin de semana en Cuenca. A Selección de Galicia medirase aos combinados de Ceuta, Castela A Mancha e Illas Canarias na devandita fase previa cuxo campión xogará a Fase Final do Campionato Nacional.

Na lista dos xogadores convocados polo combinado galego figuran os xogadores xuvenís do Santiago  Futsal  Brian Niebla, Miguel Salgado e Alberto Neira; na que tamén aparecen xogadores da canteira de O Parrulo Ferrol, Burela Pescados Rubén e Prone Lugo. Completan a lista xogadores dos equipos Troula Betanzos, ADC Lugo Sala e ED Vigo 2015.

David Rial, adestrador do filial Santiago  Futsal B; e Álvaro Quintana, fisioterapeuta do Santiago  Futsal, acompañarán a Mon Barreiro no corpo técnico do conxunto autonómico.