O cancerbeiro toledán amplía a súa vinculación co Santiago Futsal ata 2018
Víctor cumprirá a súa segunda temporada no conxunto santiagués


Víctor López será porteiro do Santiago Futsal ata o 2018. O club e o gardameta chegaron a un acordo para ampliar a súa vinculación unha temporada máis, e cumprir a que será a segunda temporada do novo porteiro na entidade branca. 

O toledán de 27 anos chegou ao Santiago Futsal o pasado verán procedente do Talavera FS, equipo no que militou cinco temporadas consecutivas e co que debutou na Primeira División nos cursos 10/11 e 12/13. Na súa primeira temporada no conxunto da capital galega, Víctor desmarcouse como un porteiro sobrio baixo paus, con bo xogo e saque de pés; e asinou excelentes actuacións como a do encontro final de Copa Xunta ante Burela P.Rubén (4-1), onde foi clave na consecución do trofeo autonómico para o conxunto santiagués.

Desta maneira, Víctor convértese na segunda renovación do plantel que dirixe Santi Valladares para a temporada 17-18.